Monday, January 10, 2005

E si perdemos? Eu estou convencido de que xa nos toca e soño con chegar ós 30-32 diputados que xa estaría bastante ben, pero sempre teño pesadelos coa derrota porque, repito, perder ante o Fragasaurio e o Torito non ten perdon de Dios. Se é certo que cada país ten o governo que se merece entón é para emigrar dunha vez por todas e non volver nunca mais, mira que si tiñan razón os nosos avós e estamos todos equivocados e isto non ten solución.

No fondo, do que se trata non é de ter ou non ter o 1º governo nacionalista da historia, senón de ter o primeiro governo da história, marionetas aparte. E non preocuparse que aos da U xá os teño medio dominados e se gaño as eleccións xa está todo feito, xa estou farto de vivir nunha rexión española (visión PPSOE) ou nun país suevo-celta cheo de fadas e trasgos (visión mística-nacionalista) según o interlocutor. Eu quero comezar a vivir nun país normal. Que non é pouco.

Votame, botalos.

Pasei o dia pegado ao teléfono, primeiro con Nuñez Feijoo, falando do PEIT que ven sendo un plan de infraestructuras ou algo asi. Son tan dialogante que ata os Peperos me collen o telefono e tratanme como o que son: o líder da oposición. Xá é bastante para este país invisible. Home, a conversa non foi moito alá.

-Ti que opinas do PEIT, este?
-Bah, e ti?
-Bah.
-Ben, se podemos facerlle dano ó PSOE pois mellor para todos ¿non é?
-Bueeeeno, iso xa é buscarlle interés partidista, eu só quero o mellor para Galiza e...
-¿Para que sitio me dis?
-G-A-L-I-Z-A
-Ah, perdoa, estaba despistado, bueno, que nós ahí estamos de acordo, como somos oposición en Madrid pois mellor que mellor.
-Vale, entón nesto imos xuntos.
-Bueno, pero cada un na sua casa, eh!!

Depois falei con outras organizacións sindicais, empresariais, profesionais e Cámaras de Comercio. Ou sexa, con a CIG ainda que xa sabia a sua opinión, faltaria mais.

E o Feijoo, todo hai que dicilo éche simpático e todo para ser político e da dereita españolista mais rancia do Estado Español(tm). Sempre sae razonablemente ben na Tele Gaita, sobre todo se o comparamos con outros (non conmigo, que xa se sabe que teño pegada popular, cousas de non tocar o piano e ser un modesto intelectual, un auténtico galego coma ti)

Por exemplo, creo que todos odiamos con o noso corazón a Jaime de Pita de Pita del, joder, nunca vin a tipo mais lambón, e fala um galego de pena (teño que mellorar o meu eu tamén, pero o que deste fulano non ten nome, coloca todos os pronomes á brasileira). Os do PP falan castelán ainda falando galego e neste caso non digamos. Co fácil que ten para quedar ben (é governo) e as tonterias que dice. Total, non é a que Xunta faga ou deixe de facer nada, só é un goberno decorativo asi que con poñer a cara e practicar algo asi como o talante do Zapatiños xa tiñan todo resolto. Se o PP xubilase a Fraga deberian presentar a Jaime Pita e ahí xa o tiña chupado eu porque ante un tipo como este si que gañaria calquera. Pero dame que non vai ser asi. Dende aqui, digote Jaime, canto mais fales mellor para nós, eres un activo moi importante para o bloque.

Agora só nos falta que os nosos tamén queden caladiños. Chisst, para as próximas eleccións canto mais falemos en abstacto imperfecto e menos digamos realmente, mellor nos iran as cousas. Ti xa sabes o que eu quero, manteñamos o secreto.

Sunday, January 09, 2005

Cando dixen "un país sen límites e sen fronteiras, cunha das sociedades máis dinámicas e innovadoras de Europa" dixen duas mentiras, Galiza ten fronteiras: as españolas. E iso de dinámicas e ninovadoras, como non vaia polo outro Finisterre en Finlandia porque o que é aqui...

Pero quedou ben como frase, non aparece moito nos putos periódicos españolistas e regionalistas mais se consigo enganchar á xente pouco a pouco...

Jodeer, menuda caña estannos a dar co do Plan Ibarretxe e o da Constitución Europea, agora imos seguir sendo diablos e demos na mente dos paisanos, todo por culpa dos medios e eu mira que tento explicarme pero se non me escoitan e sacan as conclusions que lles peta non imos a ningunha parte. A ver se queda claro:

  1. Deixar fóra da confrontación electoralista o consenso para o Novo Estatuto.
  2. Traballar desde hoxe nun texto de consenso sen interferencias foráneas.
  3. Comprometerse a aprobar un proxecto de Novo Estatuto cun consenso reforzado.
  4. Asegurar a súa ratificación nun referendo histórico en participación e aceptación
Iso foi o que dixen en Rianxo, cando estamos a celebrar o 55 cabodeano da morte do Castelao, que agora moito falar de galeguismo e de Castelao como un referente para todos os galegos, pero cando temos que poñer en serio a práctica a xente asustase. O Día da Patria xá irá Torito a poñerlle flores pero agora non dubida en acusarnos de peneuvizarnos ou de batusanizarnos con tal de conseguir algun voto dos progres asustados de que España vaise ó tacho. ¿qué era o que dicia Castelao, imos a ver? O noso acordo nacional necesitara que teñamos voz propia ou non será acordo, será simple imposición, se queremos un Estatuto de verdade ou queremos a desrexionalización administrativa da Constitución. E non é un plan Ibarretxe, é un plan galego feito desde Galiza e para os galegos, non sei, parece que a Constitución Española é un regalo divino cando só un texto con vinte e pico escasos anos e mellorable totalmente. ¿Galiza é unha rexión ou é unha nación? Castelao pensaba que era unha nación, son o PSOE e o PP os que enganan à xente, nós non. Seremos respeitosos con a constitución atá que os galegos deixen de selo evidentemente.

Friday, January 07, 2005

O da língua, outra vaca mais no millo...

O problema é que os portugueses non os entende nin dios, nós sempre falamos de que galego e portugués son basicamente o mesmo idioma, pero bueno, é un falar, porque mellor cada un na sua casa e Dios em la de todos. Como que non queremos que se note demasiado, no da língua pouco podemos ganar. Xa tivemos a reforma da normativa e chega, ¿para qué mais? Xa aguantamos anos de reveldia com o -bel e a forma Galiza (joder, somos malotes ¿ou non?), tampouco é como para pedirlle peras ó olmo. O único problema é que cada vez hai mais reintegracionistas, incluso dentro do bloque hai alguns, os coitados, bueno, con contarlles o conto de que si, que teñen razon e co tempo e unha caña pois xa se verá, listos. Claro que ós outros temos que contarlles o contrario, que o galego está bem como está e que non imos romper a cabeza com novas ortografias, e claro, cando tes a uns e outros xuntos na mesma habitación é difícil convencelos de que estamos dicindo o mesmo que non estamos dicindo, pero sempre apañamos algunha solución medio-pensionista para ver se podemos contentar a todos. Isto da política é moi difícil. Un pouco Cantinflas o do galego e o portugués, pero aqui como en tantas outras cousas, canto menos falemos do tema mellor. Total, ¿a quen lle importa a língua en Galiza? Òs nacionalistas que son catro, e se queremos os votos dos non nacionalistas pois teremos que inventar algo, non lles imos dicir que teñen que poñerse a estudiar portugués!. Eu quero gañar estas elecións e xa veremos co tempo como xira o vento.

Thursday, January 06, 2005

Chamoume Paco preguntando por este blog, e eu dixenlle que si, que son o eu de verdade o que esta escribiendo aquí e que dame igual o que pense, que eu sempre penso dicerlle a verdade ó mundo enteiro, a partir de agora. Bueno, é mentira, Paco non encendeu um ordenador na sua vida e si se entera de que teño um blog, botame fóra do partido nun plis, menudo é Paco, ¡¡ten unha mala hóstia!! Ainda que consigue disimular bastante ben, pero o que lle gusta de verdade é queimar bandeiras españolas e cagharse na puta España, o que lle gustaria é ser un Otegui, un jarraichu desos como os de Nós Seven Up, pero neste país é difícil porque xa estamos como estamos, como para dar imaxen de malotes. Somos centristas e socioldemocratas, si é o que queres escoitar. Si queres tamén podemos ser separatistas e comunistas e maioistas pero mellor esta parte contamo-la polo baixani non se vaian a enfadar com nós. Somos o que ti queres que sexamos, pero votanos, votame, por favor, despois xa faremos o que digan os upegallos con a democracia interna e transparencia mediática que caracteriza à nosa organización.

Wednesday, January 05, 2005

Xa está a Coz tocando os collons, el núcleo duro del BNG quiere que Galicia siga el modelo del plan Ibarretxe, pois claro, ¿que pensavades? O obxetivo dos partidos nacionalistas sempre son os mismos ainda que a veces digamos que non, que non somos independistas, e eu moito menos, porque eu son moderado, centrista e bastante guapo, pero os da U... eses siguen ó seu desde fai máis de 30 anos e non se moven nin por esas nin por outras. Agora, tanta histeria non é normal, parece que o Plan é o fin da civilización occidental e nin eso. A Coz quere asustar ós pobres galeguiños, ah, que malos estes nacionalistas e separatistas que queren romper a España e ¿que é España? Un Estado que nunca foi unha nación e unhas nacions que xa foron e serán Estado, si Dios quiere. Agora, eu sempre vou dicir que non, que só quero o mellor para Galiza ou Galicia, plenas competencias e toda a miña ambiguidade, pero esto é só unha cuestión de paciencia, de tempo. Todos desde o PNV hasta ERC e o BNG sabemos onde queremos chegar. Ó Goodbye Spain. E que tampouco lle quero mal a ninguén, a ningunha rexión ou nación de Estado Español. Eu son centrista, eh, recorden que eu era o do Sí Crítico à Constitución Europea e tiven que tragar con o Non en Positivo. Bueno, si perdemos (si eu perdo) votos por estas lerias é que os votantes non nos (me) merecen, porque a nós tanto o de Europa como o do Euskadi, pois é que nin nos vai nin nos ven. O que é eu, sempre ó que diga Paco e punto. Ata outra, amigos.

Tuesday, January 04, 2005

E fixate como son os demais un poquito, entre Fragasaurio, Torito e eu a cousa está bastante clara. Non son o Atta Turk galego, son o Quin e son bastante penoso, peeero... éche o que hai, Misae, este país tamén da bastante pena, ¿ou non?. Fixate nos outros un momento e gaño puntos automáticamente. Comigo pasamos de rexión a nación e quen seria tan tonto de querer ser unha rexion pudiendo ser un país, ¿eh?¿Quien?

Este é o blog de Anxo Quintana, o primeiro presidente nacionalista da historia de Galiza. Ainda non, claro, pero os tempos son chegados e si Fraga non morre antes, vou gañar as eleccións e vou ser o Quin 1º da Galiza e ¡¡o Torito que se joda!! Este blog pretende ser unha porta aberta para que coñezas as miñas propostas, a miña apasionante personalidade e a miña valia política. ¿Ainda non fuches a Allariz? Como quedou o pueblo,¿eh?, bonito, bonito, pois co país igual, pero ó grande. Voume que teño unha xuntanza cos upegallos a ver que queren que conte hoxe, seica imos apoiar o Plan Ibarretxe no Congreso e no Senado tamén, ¿conteiche que son senador? Está guay, pouco traballo, ben pagado, vou as festas co Rei e o Marichalar. Si ser senador é a hóstia, ser presidente da Xunta ben vale unha misa. Ata outra!

Monday, January 03, 2005

Hai unha páxina que pretende instaurar unha monarquia galega, e a min non me parece mal a idea pero chocame que non contasen conmigo para o cargo, xa teño nome e todo, O King Tana de Galiza. E non pretendo facer algo hereditario, con ser algo vitalicio..., luego xa poden escolher outro, pero non me cabe duda de que eu seria o mellor representante posible para xefe de estado de Galiza. ¿E logo non? Un cargo honorífico no que non hai que dicir demasiadas cousas nin facer política, nin grandes declaracións, os periodicos teñen respeito por ti, só por ser a cabeza visibel do país, etc... Todo son ventaxas. O que di a U é sagrado e se eles me escolleron para as miñas funcions seria por algo, digo eu, nin lles preguntei porque os upegallos non soi xente coa que discutir, pero aqui temos um dito: o que digan Bautista e Paco va a misa, e mellor non rompemos a cabeza. Total ¿para que? Pois iso, que desde este o meu blog tamén quero presentarme ou postularme como candidato à coroa real galega. Por plebiscito popular, por suposto.